González Formoso explicou os investimentos da Deputación aos grupos socialistas bergantiñáns
07:58 08/04/16
Tiveron visita os membros do PSOE de Bergantiños do presidente da Deputación, González Formoso. Na sé do grupo carballés, Formoso explicou as distintas axudas que ten o ente provincial para os Concellos, e repasou os plans imprantados nestes últimos meses, así como os que se van poñer en marcha.
O Plan de Envellecemento Activo, o Plan de Conservación de Vías, o POS foron algúns dos plans comentados, que supoñen un investimento de 13.5 millóns de € provinciais á Costa da Morte.
Tiveron a palabra os representantes de toda a comarca bergantiñá, e puideron comentarlle as necesidades de cadanseu concello.
E houbo palabras de despedida pola morte do sogro do Concelleiro de Obras de Laxe, Manuel Esmorís, que serán enterrado hoxe.
Novas relacionadas
- Fran Caamaño: “O PSdeG debería chegar a un acordo coas Mareas polo ben dos cidadáns”.
- Os Socialistas da Costa da Morte xa deciden na provincia.
- O PSOE pide que Modesto Rivas entregue a súa acta e Concelleiro de Cee:
- O PSOE da Costa Atlántica manifesta a súa preocupación pola deriva do partido.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).