7 persoas con diversidade rematan o curso de limpeza de superficies e mobiliario con Íntegro

Un dos participantes do curso
Íntegro axúdaos tamén no proceso de busca de emprego

Xa pasaron 286 horas formativas dende que en xaneiro, a Asociación Íntegro arrincase o curso de “limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais”. Unha acción desenvolta pola empresa social da entidade, Máis Porvir Xestión Social (cofinanciado pola Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo (FSE)), que permite que 7 persoas adquiran unha profesión cualicada.

O Curso completarase coa  prestación de apoio ao alumnado durante o proceso de busca activa de emprego para
promover a inclusión laboral do colectivo.