Centros de Cabana, Baio e Camariñas levaron os premios do certame polos 30 anos de Íntegro
06 de maio de 2022 (07:19 h.)
O concurso escolar polo 30º aniversario de Íntegro “Camiñando cara a inclusión”, chega ao seu remate. Máis de 20 centros de educación primaria da Costa da Morte participaron nesta iniciativa, encamiñada a promover valores como a inclusión e a igualdade no ámbito educativo, que resultou ser todo un éxito entre a cativada.
Tras unha longa e difícil deliberación, estes son os premiados:
- DEBUXO (alumnado de 1º e 2º de EP): 1º de primaria do CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños), en cuia entrega particiou o activo Adrián Torrado.
- POESÍA (alumnado 2º e 3º de EP): 4º primaria do CEIP Labarta Pose (Baio-Zas)
- NARRATIVA (alumnado de 5º e 6º de EP): 6º de primaria do CEIP O Areal (Camariñas)
As aulas gañadoras serán premiadas cunha tablet e un diploma acreditativo como agasallo colectivo, e unha chapa conmemorativa do concurso para cada neno/a galardoado/a.
Novas relacionadas
- A Diverescola de Íntegro chega ás escolas unitarias de Traba e Torrexallóns.
- Íntegro celebra o seu 30 aniversario cun ano completo de actividades e inclusión.