Novo avance ambiental para o Polígono de Nantón

Zona de Nantón

Paseniño avanza o Polígono empresarial de Nantón, en Cabana de Bergantiños. Se en 2020 rexurdía a idea, e en novembro de 2023  dábase o primeiro paso coa licitación do PEOSE, a Xunta vén de anunciar, ano e medio despois, que vén de enviar para tramitación ambiental o borrador do instrumento de ordenación, o Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) que permite planificar e ordenar as actuacións urbanísticas necesarias para a creación do polígono industrial, un desenvolvemento que está recollido no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia.

O polígono contará cunha superficie de 267.216 m².