Luns. 29.04.2024
El tiempo

Pasos para o polígono de Nantón

Alcalde de Cabana coa Conselleira
Pasos para o polígono de Nantón

Visita institucional este venres a Nantón para anunciar que a Xunta vai licitar antes de que remate o ano a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) do futuro polígono de Cabana de Bergantiños, un documento que permitirá definir e planificar a creación da primeira área industrial de Cabana.

Unha vez modificado o Psoaeg, engadiu que o seu departamento, en calidade de promotor da actuación, sacará a licitación pública os traballos para redactar o PEOSE dun polígono que disporá nesta primeira fase dunha superficie bruta de case 271.000 metros cadrados.

Fan fincapé na proximidade á autovía da Costa da Morte.

Comentarios