Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Estudan a creación un novo polígono industrial en Nantón

Zona de Nantón
Zona de Nantón
Estudan a creación un novo polígono industrial en Nantón

Enriba da mesa está o futuro desenvolvemento de solo industrial na parroquia de Nantón. Así o trataron este pasado xoves a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, despois de asinar un protocolo de actuación para incluír unha modificaciión do Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais de Galicia (PSOAEG) para crear novo polígono que dea servizo á comarca de Bergantiños.

Así, a revisión do PSOAEG -que se redactará o ano que vén- estudará a proposta municipal de delimitación e ordenación da Área de alta capacidade industrial, tecnolóxica e comercial de Costa da Morte.

Humanización da contorna das casas dos mestres

Así mesmo, a conselleira trasladoulle a intención da Xunta de colaborar para levar a cabo os traballos de humanización da contorna de seis antigas vivendas de mestres, rehabilitadas a comezos de ano polo Concello co fin de destinalas a alugueiro a prezos vantaxosos entre a veciñanza.

Novas relacionadas

Comentarios