O PP podería perder ata 6 alcaldías

Seguimos pendentes dos pactos en varios Concellos da Costa da Morte. As eleccións do 24M deixáronnos 10 maiorías absolutas, 5 do BNG, 3 do PSdG e 2 do PP, e 8 concellos quedan pendentes dos pactos. Onte analizabamos polo miúdo os casos de Coristanco, Laxe e Ponteceso, Corcubión e Fisterra, Muros e Santa Comba. E facendo balance dos posibles pactos, podemos confirmar que a baixada do PP é espectacular, facendo un paralelismo con todo o estado.

Así, das 8 alcaldías coas que chegou o PP a este 2015, podería quedar só con 2 (Cabana e Malpica con maiorías absolutas), e un par máis pendentes de posibles pactos (Muros e Santa Comba), a pesar de ser a forza máis votada en 7 concellos.

Deste xeito, se en 2011 tiñamos 8 alcaldes do PP, 6 do PSOE e 4 do BNG, este 2015, poderemos quedar con: de 2 a 4 alcaldes do PP, de 6 a 8 alcaldes do PSOE; 5 alcaldes do BNG; un de TEGA e un Independiente.

Baixón do PP

Ademais da perda de 8733 votantes e 18 concelleiros (de 93 a 75, pero con presencia, iso si, en todos os plenos), o PP podería perder ata 6 alcaldías. Xa perdeu seguro a de Mazaricos a mans do BNG, e noutros 5 concellos os pactos progresistas están moi preto de quitarlles o bastón de mando, como son Coristanco, Ponteceso e Fisterra, practicamente seguros, e Santa Comba e Cee, aínda pendente de novidades, pois pode ser o PP o protagonista tamén de sendos pactos con Terra Galega en Santa Comba, e con un hipotético pacto co PSdG e Ciudadanos para evitar o goberno do Independiente Ramón Vigo.

O PSOE baixa en votos pero sube en presencia

A baixada do PSdG é máis pausada. Perdeu 1278 votantes pero só 1 concelleiro (de 64 a 63). Ademais de non presentarse en Zas non conseguíu participación en Mazaricos pero nos outros 16 concellos si que terá presencia plenaria, e se ten 3 maiorías aboslutas (os que xa podemos chamar “bastións” de Dumbría, Muxía e Camariñas), poderían chegar a auparse en ata 5 concellos maís, tendo un total de 8 concellos de cor vermella.

Subida do BNG, TEGA e CxG

En votos, o BNG practicamente se mantivo nos 20000 (perdeu 205 votos), pero sobe dos 46 aos 55 edís. Un BNG gobernará en solitario en 5 concellos (polos 4 de que tiña ata agora e só 1 con maioría absoluta), en Carballo, Carnota e Vimianzo, manteñen a de Zas e dan o salto coa maioría de Mazaricos. Pero que queda sen presencia nos plenos de Dumbría, onde non presentaron lista, e Santa Comba.

Pola súa parte TEGA conseguíu 5748 votos, 1256 máis que en 2011, e a irrupción de CxG notouse en 1541 votos.

Posibles movementos

Así, pendentes de pactos pero a táboa quedaría do seguinte xeito:

PartidoMantén a alcaldíaPerde a alcaldíaNova alcaldía
PPCabana
Malpica
Cee
Coristanco*
Fisterra*
Mazaricos
Ponteceso*
Santa Comba
Muros*
PSOECamariñas
Dumbría
Muxía
Corcubión**
Laxe*
Muros*Fisterra*
Ponteceso*
Santa Comba*
BNGCarballo
Carnota
Vimianzo
Zas
-Mazaricos
TEGA--Coristanco*
IxCee--Cee***
  • * Pendente de pactos.
  • ** Probablemente gobernará en minoría.
  • *** Pendentes de pactos, pero recuperaría a alcaldía tras perdela por unha moción de censura pero volvendo a ser a foza máis votada.

Novas das Eleccións

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).