O PP volve arrasar nas Eleccións Xerais na Costa da Morte

Imaxe da xornada electoral no pavillón de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Domingo de eleccións, outra vez, pero na Costa da Morte poucas cousas cambian. O PP segue arrasando, e só no Concello de Dumbría perdía a mans do PSOE. Un PSOE que se mantén como segunda forza a nivel estatal, e tamén a nivel comarcal, e que só deixaba a segunda praza a Unidos Podemos-En Marea no Concello de Corcubión.

As eleccións deixan patente a falta de incidencia do BNG a nivel estatal, quedando como 5ª forza por detrás de Ciudadanos. En 2011, case 16000 votaron ao BNG, o pasado decembro foron 4500 e onte foron apenas 2400 os que escolleron a bandeira dos nacionalistas.

Se o pasado 20 de decembro o bipartidismo mantíñase vivo na bisbarra, este 26X non fixo máis que ratificar esa liña, mantendo válidos os 7 puntos claves. Puntos entre os que sempre destaca a diferencia entre os resultados nas eleccións Municipais e Xerais.
Concellos como Carballo, Carnota, Mazaricos, Vimianzo ou Zas, gobernados con maiorías absolutas polo BNG, deixan un panorama totalmente azul do PP.

Panorama estatal tralas eleccions do 2016
Resultados das Eleccions Xerais 2016 na Costa da Morte  

Concello de Cabana

 

Camariñas

 

Carballo

 

Carnota

 

Cee

 

Corcubión

 

Coristanco

 

Dumbría

 

Fisterra

 

Laxe

 

Malpica

 

Mazaricos

 

Muros

 

Muxía

 

Ponteceso

 

Santa Comba

 

Vimianzo

 

Zas

 

Novas relacionadas

Máis novas electorais

O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).