O Programa Conciencia achega a paisaxe aos alumnos de Bergantiños

A semana pasada viamos a Jorge Mira nun instituto de Cee achegando curiosidades científicas aos alumnos. Nesa liña traballa o Programa Conciencia, do que o propio divulgador baiés é cabeza visibile. Trátase dun programa educativo no que se lles ensina aos rapaces de ensino infantil e primaria a interpretar a paisaxe.

Desta volta, une forzas ca Fundación Eduardo Pondal e co Instituto de Estudos do Territorio, para promover un mes de reflexión sobre a paisaxe. Os beneficiados serán un total de 620 alumnos dos colexios de educación infantil e primaria dos concellos de Laxe, Cabana e Ponteceso.

As actividades, que remataron onte, teñen como referente ao escritor Eduardo Pondal e o poema ‘Os Pinos’, que foi inspirado na paisaxe desta zona de Galicia.

Dende este punto os rapaces puideron gozar dunha paisaxe natural, rural e en equilibrio, onde os animais e as plantas se mesturan coa auga do esteiro do Anllóns, coa montaña e coa area da Barra. Os técnicos tamén lles explicaron aos rapaces a entender a distribución do espazo, para poder percibir unha paisaxe panorámica no confín dos verdes castros.

Novas relacionadas

Fonte

  • USC.