Venres. 03.05.2024
El tiempo

Bergantiños promove un mes de paisaxe

Bergantiños promove un mes de paisaxe
O esteiro de Anllóns correróa perigo en caso de rotura da balsa de residuos da mina de ouro de Corcoesto-Foto- Plataforma Salvemos Cabana

Será a Comarca de Bergantiños unha das protagonistas da iniciativa 12 meses, 12 paisaxes, que chega a zona durante os vindeiros 30 días, no marca do Plan Proxecta, para colaborar nunha iniciativa educativa na que a paisaxe xoga un importante papel: o Programa conCIENCIA do noso pasado l, que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas levará á Comarca de Bergantiños.

O proxecto 12 meses 12 paisaxes é un programa educativo, en colaboración coa Consellería de Educación, Ordenación Universitaria e Cultura, específico para o coñecemento da paisaxe, co que máis de 2.000 alumnos da Comunidade galega adquirirán e coñecerán as peculiaridades e características da paisaxe galega.

No caso concreto da Comarca de Bergantiños, colabórase coa Fundación Eduardo Pondal. Os alumnos do 5º curso de primaria do CPI Cabo da Area serán os primeiros en estrear o Programa conCIENCIA do noso pasado. O IET préstalle apoio cartográfico e técnico na lectura da paisaxe que se percibe dende o miradoiro de Monte Branco. No dos cursos do alumnado de primaria deseñouse un miralongo (un tubo de papel reciclado de 30 cm.) a través do cal descubrirán os elementos da súa paisaxe.

Dun modo moi sinxelo e da man de Eduardo Pondal faise unha lectura da paisaxe que podemos percibir desde o miradoiro de Monte Branco, cos seus redondeados e pelados cumes cubertos de toxo e queiroas, cun intenso ton de ouro vello en primavera, os piñeirais agrúpanse en grandes manchas descendentes creando un contraste interno de tons verdescuros, ou como recolle o escritor “do teu verdor cinguido”, ata chegar as finas areas cor palla da Barra.

Así, os alumnos de 1º a 6º de primaria de varios colexios dos concellos de Cabana, Laxe e Ponteceso poderán achegarse e afondar nestes conceptos, a través da propia paisaxe e da obra de Eduardo Pondal,. Na seguinte táboa indícanse o calendario de actividades:

Data Curso e centro escolar Concello
2 de abril PROFESORADO, PAIS E NAIS
16 de abril 5º  CPI CABO DA AREA 35 LAXE
17 de abril 3º, 4º CPI CABO DA AREA 46 LAXE
18 de abril 5º, 6º CPI AS REVOLTAS 54 CABANA DE BERGANTIÑOS
23 de abril 1º, 2º CPI CABO DA AREA 41 LAXE
24 de abril 5º, 6º CEIP EDUARDO PONDAL 53 PONTECESO
7 de maio 3º, 4º CEIP EDUARDO PONDAL 53 PONTECESO
8 de maio 1º, 2º CEIP EDUARDO PONDAL 44 PONTECESO
14 de maio 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º CEIP AS FORCADAS 46 (Corme) PONTECESO
TOTAL: 285 ALUMNOS/AS
15 de maio CRA NOSA SEÑORA DO FARO 78 PONTECESO
CRA OS REMUÍÑOS 46 CABANA DE BERGANTIÑOS
E.I. AS FORCADAS 21 PONTECESO
E.I. EDUARDO PONDAL 42 PONTECESO
E.I. AS REVOLTAS 25 CABANA DE BERGANTIÑOS
E.I. CABO DA AREA 49 LAXE
TOTAL: 261 ALUMNOS/AS
 

Novas relacionadas

Fonte

  • Xunta.

Comentarios