O peón, o xogo tradicional que sempre volve

Divertidísima xornada de recuperación dun xogos tradicionais que máis volve poñerse de moda en Galicia. Xa non son aqueles trompos artesanais de madeira; agora son de plástico e de cores estridentes. Pero o trompo, o peón ou a buxaina, é un dos xogos máis vivos do país.

Aproveitando a visita do Campión Mundial pola zona, a familia dos Cormoráns organizou un Obradoiro/demostración na previa do San Martiño (xa sabedes o dito de “Polo San Martiño, salta o peón ao camiño”.

Luís Miguel Ramas Ramírez bailando o trompo cos Cormorans

A Casa do Pendón, en Cabana de Bergantiños, acolleu a xa III edición do Baile de Peóns ao Camiño. O mestre Luís Miguel Ramas Ramírez e o campión internacional, o mexicano Omar Jonathan Pule, fixeron de mestres de cerimonias, ante unhas 60-70 persoas que gozaron de cada lanzamento.
Houbo moitos nenos e nenas lanzando, pero tamén moitos adultos que non desaproveitaron a ocasión de lembrar as súas peripecias cascando trompos.

Omar Jonathan Pule dando a clase maxistral de buxaina

Ademais das clases maxistrais de Omar, organizouse un torneo con premios para os mellores, tanto para as crianzas como para os maiores.

Houbo tamén unha marea de concursos, como concurso de debuxos de buxainas terroríficas, no que participou case todo o cole das Redondas. Escolleron un gañador por clase, un premio que consiste nunha buxaina que será entregada estes días.

Torneo de buxainas dos Cormoráns

O concurso Buxaicontos tivo dous gañadores: en adultos foi Fernando Andrés Vidal de Corme, cun conto titulado “El saber no ocupa lugar, pero puede dar mucho dinero”. E en crianzas o gañador foi “A lenda CPI As Revoltas”, de Matías Pose Lema.

Finalmente no Concurso de poemas a gañadora foi Andrea Reixía, cun poema sobre o amor.

Todos degustaron os premios cun chocolate quentiño.

Concurso de debuxo 

Nova xornada nas Torres do Allo

Para os que queiran este sábado volverán rodar os peóns e outros xogos tradicionais no San Martiño das Torres do Allo.

Máis novas