As Torres do Allo acollen unha xornada de xogos e música tradicionais polo San Martiño
O Concello de Zas convida a veciños e visitantes a revivir a esencia da diversión tradicional nunha xornada festiva e interxeracional. O vindeiro sábado, 8 de novembro, as espectaculares Torres do Allo serán o escenario dunha tarde que fusionará a emoción dos Xogos Populares e Tradicionais co calor do tradicional Magosto.
A xornada arrincará de 16:30 a 18:00 horas coa transformación do pazo nun vibrante espazo de xogo. Será unha oportunidade única para que persoas de todas as idades, e especialmente as familias, compartan risas e aprendan como se xogaba “en tempos”.
Baixo a colaboración e dinamización da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, os asistentes poderán descubrir (ou redescubrir) un amplo abano de xogos que forman parte do noso rico patrimonio cultural. Entre os máis destacados estarán os Birlos, a buxaina, a mariola, ás chapas, a roma, a chave, os zancos, as carrilanas, tirapedras... e moitos máis.
Os expertos da asociación encargaranse de proporcionar os materiais e explicar as regras, garantindo que ninguén quede sen saber como participar nesta festa lúdica.

Magosto tradicional con música en directo
A partir das 18:00 horas, a celebración continuará co tradicional Magosto do Allo. Haberá castañas gratuítas para todas as persoas que se acheguen ata as Torres do Allo para gozar da festa.
A tarde estará ambientada coa mellor música tradicional, grazas á actuación de:
- Asociación Cultural Adro.
- Asociación de Baile Tradicional Churía
Ademais, haberá unha cantina a favor do alumnado de 4º da ESO do IES Maximino Romero, co obxectivo de recadar fondos para as súas actividades.
Todas as actividades son de balde e están orientadas para todos os públicos.
