Os Cormoráns sacan o Peón ao Camiño cun Torneo e a visita do campión mundial
- Podes participar en varios concursos
Polo San Martiño, a familia dos Cormoráns recuperan un dos xogos tradicionais máis actuais. O trompo, o peón, a buxaina... sempre volve, e para mantelo vivo, este vindeiro 2 de novembro, prepara un Torneo: o III Baile de Peóns ao Camiño.
A xornada será completa. Comezará ás 16:00h cunha clase maxistral de habilidades coas buxainas na Casa do Pendón, co mestre
Luís Miguel Ramas Ramírez e o campión internacional, Omar Jonathan Pule, de México.
De contado, a partir das 5, arrinca o torneo.
Concursos
Haberá concursos, ademais, con Premio ao debuxo do peón ou buxaina que máis medo inspire; os Poemas xiroscópicos e os Buxaicontos, un concurso de relatos breves nos que o fío condutor sexa o xogo e as relacións e emocións que promove.
Para participar (e para máis información), envía a túa creación (buxainas terroríficas, poema xiroscópico ou buxaiconto), antes das 14:00h do propio 2 de novembro ao correo electrónico ou ao WhatsApp que se indican: acdcormoranscabana2023@gmail.com ou 626 62 23 97 (Trini)
