Pequeno avance para o polígono de Nantón

Zona do futuro polígono de Nantón

A Xunta anuncia un pequeno avance no estancado  parque empresarial de Cabana de Bergantiños coa licitación do contrato de redacción para a expropiación dos terreos deste polígono situado na provincia da Coruña que contará cunha superficie de 267.217 m2.

Coa licitación deste contrato de servizos, o Goberno galego da un paso máis para cumprir co seu compromiso de dotar de máis solo empresarial á comarca de Bergantiños toda vez que a aprobación inicial do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) do parque terá lugar nas vindeiras semanas. Trátase dunha zona na que existe unha elevada demanda por parte dos emprendedores e emprendedoras, dada a súa posición estratéxica pola conexión co porto e a cidade da Coruña mediante a autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55). 

Outros polígonos da zona

Na actualidade, no ámbito da provincia da Coruña, a Xunta tamén ten en marcha as expropiacións dos terreos para ampliar o parque empresarial de Bértoa (Carballo), que incrementará en 629.587 m2 a súa superficie actual; e do parque de Coristanco, que contará con 173.153 m2 de solo empresarial.
 

 

Máis novas