Ponteceso ponse a pé por Cabana

"Camiñando por Cabana de Bergantiños" é a nova proposta de sendeirismo da Área de Turismo do Concello de Ponteceso para este vindeiro sábado 16 de abril de 2011. A distancia do perocrrido será de 10 quilómetros de dificultade baixa con saída ás 10:00h do recheo.

O percorrido irá polo Paseo marítimo, o Rego dos muíños, Dolmen de Dombate, Castro de Bormeiro, Monte Gontón e O Carballal.

Xa poden apuntarse, antes do venres 15 ás 14:00h en turismoponteceso@ponteceso.net ou no 981 714 000.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.