Resumo 2015: As cifras de QPC

Ránking cos dez primeiros países onde residen os lectores de QPC Un ano máis QPC incrementou as súas cifras de lectores e a novidade é que as visitas que chegan ao noso xornal dixital xa non proceden unicamente da Costa da Morte. Cunha comunidade de máis de 25.000 persoas entre o diario e as redes sociais, contamos con máis de 15.000 usuarios únicos semanais, unha cifra espectacular tendo en conta que a poboación estimada ronda os 125.000 habitantes. Aínda así a provincia da Coruña ocupan o primeiro posto do mapamundi QPC. Cruzando as fronteiras do estado español, o lugar dende o que chegan máis visitas é Suiza. Paradoxicamente, os EE.UU están no terceiro posto do noso mapa seguidos de dous países europeos: Reino Unido e Francia. Volvemos ata o continente americano xa que o sexto e o séptimo posto chegan da man de Brasil e Arxentina. Alemania, Portugal e Rusia son os países que quedan á cola dos dez estados onde están a maior parte dos lectores de Que Pasa na Costa. Neste 2015 tamén medramos en publicidade - que é o que nos dá de comer - e son cada vez máis as empresas da Costa da Morte as que buscan un espazo publicitario en Que Pasa na Costa. Este feito dá conta da importancia e da efectividade da publicidade online. Por certo, se queres coñecer as nosas tarifas podes poñerte en contacto con nós en info@quepasanacosta.com. E o 2015 tamén nos fixo medrar nas redes sociais con case 13.000 fans en Facebook e máis de 7.000 seguidores en Twitter. A todos os que estades aí ¡GRAZAS!   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)