xoves. 01.05.2025
El tiempo

Resumo 2015: As cifras de QPC

Resumo 2015: As cifras de QPC
Ránking cos dez primeiros países onde residen os lectores de QPC Ránking cos dez primeiros países onde residen os lectores de QPC Un ano máis QPC incrementou as súas cifras de lectores e a novidade é que as visitas que chegan ao noso xornal dixital xa non proceden unicamente da Costa da Morte. Cunha comunidade de máis de 25.000 persoas entre o diario e as redes sociais, contamos con máis de 15.000 usuarios únicos semanais, unha cifra espectacular tendo en conta que a poboación estimada ronda os 125.000 habitantes. Aínda así a provincia da Coruña ocupan o primeiro posto do mapamundi QPC. Cruzando as fronteiras do estado español, o lugar dende o que chegan máis visitas é Suiza. Paradoxicamente, os EE.UU están no terceiro posto do noso mapa seguidos de dous países europeos: Reino Unido e Francia. Volvemos ata o continente americano xa que o sexto e o séptimo posto chegan da man de Brasil e Arxentina. Alemania, Portugal e Rusia son os países que quedan á cola dos dez estados onde están a maior parte dos lectores de Que Pasa na Costa. Neste 2015 tamén medramos en publicidade - que é o que nos dá de comer - e son cada vez máis as empresas da Costa da Morte as que buscan un espazo publicitario en Que Pasa na Costa. Este feito dá conta da importancia e da efectividade da publicidade online. Por certo, se queres coñecer as nosas tarifas podes poñerte en contacto con nós en info@quepasanacosta.com. E o 2015 tamén nos fixo medrar nas redes sociais con case 13.000 fans en Facebook e máis de 7.000 seguidores en Twitter. A todos os que estades aí ¡GRAZAS!   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)

Comentarios