Só dous alcaldes sen soldo nos Concellos da Costa da Morte
Falabamos a semana pasada da débeda municipal, e mesmo o noso especialista en economía municipal Domingo Guerra facía unha completa análise da carga financieira desa débeda.
Un alcalde que traballe
O primeiro que cómpre dicir é que, para nós, e como di o propio Guerra, o cargo de alcalde debe ser remunerado. Ben remunerado. Porque, esixe estar dispoñible as vinte catro horas do día para resolver os múltiples problemas que afectan ao municipio. Precisamente por iso, en principio e como norma xeral, os dirixentes municipais non deberían ostentar outro cargo nin desempeñar outra ocupación. Dedicación plena. Exclusividade. Punto
Así, vemos que só hai dous concellos onde os seus alcaldes non van cobrar un peso. Un, o de Ponteceso, por decisión propia, pois Lois Carballido prometeu en campaña que el non ía percibir salario algún porque “a situación do Concello é de alarma financieira, e por todo isto penso traballar gratis para o Concello ata que dea enderezado o rumbo económico do Concello”, asegúranos.
Mentres, en Corcubión, a oposición (PP e BNG) leva impedindo varios anos que o alcalde socialista teña unha dedicación exclusiva, nin sequera parcial. Considera o BNG que as arcas do Concello non están para ese gasto político, pero ao noso entender, esta medida provoca unha tremenda parálise municipal, ao obrigar ao alcalde que manteña a súa profesión, como acontecía co anterior alcalde, Francisco Lema, Chisco, que traballaba todas as mañás como veterinario, e non podía facer correctamente as funcións dun alcalde.
A única alcaldesa, aínda pendente
Dase unha circunstancia curiosa. A única alcadesa da Costa da Morte, a de Muros, propuxo na pasada sesión plenaria unha dedicación parcial de 1.600€, para poder compaxinar a súa labor coa de mestra a tempo reducido (“pola miña saúde mental”, afirmounos) e así outorgalle dúas dedicacións aos número 2 e 3 da súa lista. Pero a oposición estalle case que esixindo unha dedicación exclusiva para que se centre nas labores municipais.
O asunto quedou pendente de aprobar no seguinte pleno ordinario.
Como son eses soldos
Hoxe, en pleno proceso de asentamento dos novos grupos de goberno, analizamos outro dato interesante. Pode que sexa un dato máis mediático que válido para anlizar a situación económica dun concello, ou a vontade política dun novo partido. Pero en todo caso, ás veces é un símbolo importante.
Xa comprobamos baixadas como a do novo alcalde de Mazaricos, ou a proposta do grupo de goberno muradán de aforrar un 30% en soldos politicos.
Uns soldos que, en todo caso, vense afectados polo novo Límite salarial dos alcaldes por tramo de poboación aprobado este 2015, e que tamén incluímos nesta táboa. Un límite que serve para evitar suspicacias en moitos casos.
Vemos que o máis baixo é o do Concello de Carnota, Ramón Noceda, con 28.000€.
Novas relacionadas
- As débedas municipais descubren moitas mentiras electorais.
- Domingo Guerra: A voltas coa débeda.
- Domingo Guerra (febreiro 2015): O soldo do alcalde.