San Fins do Castro abriu agosto co seu tradicional Berro Seco
Non perde vixencia nin interese a Festa do San Fins do Castro. E menos se o primeiro de agosto cae en sábado. A centenaria romaría cabanesa volveu facer retumbar roda a comarca de Bergantiños co seu Berro Seco, esa representación do berro ao unísono que facían os canteiros para levantar unha pedra grande que ían traballar.
Antes os feligreses xa deixaran os seus panos na fonte, e de contado o Santo da Pólvora facía virar a singular falla ciclista que estouraba con potencia.


Xa non é aquela troulada do viño que chegou a ser, e o máis bonito da festa, sen dúbida, a merenda da que gozan centos de familias da comarca, con traballadas mesas de madeira ou con simples telas botadas no chan. A música correu a cargo dos gaiteiros O Son do Castro, a banda de música Eduardo Pondal volveu facer as delicias de toda a carballeira, e a orquestra Los Españoles puxo a bailar a todo o mundo.




