Un concerto de corais abrirá un programa de Nadal en Cabana que vai polas parroquias
16 de decembro de 2010 (10:04 h.)
O Nadal vai por parroquias
Unha das características desta programación invernal será que, fiel á filosofía do traballo realizado desde o Departamento de Cultura, percorrerá a totalidade das parroquias do concello. Así, xa desde a propia mañá do domingo 19 comezarán as representacións de belén viventes. O domingo 19, serán as representacións de Borneiro e Canduas. O sábado 25 de decembro, as de Corcoesto, Neaño, Anos, Cesullas e Riobó. O domingo 2 de xaneiro, as do Esto e Cundíns. Estas representacións realizaranse, segundo costume, nas igrexas parroquiais ou nalgún local social. En Anos e en Cundíns, o Concello conta coa colaboración da asociación de veciños e cos asistentes ó catecismo.Cabalgata de Reis
Outro ano máis, a Cabalgata de Reis tamén acudirá a todas as parroquias. Como na pasada edición, os Reis levarán ledicia e regalos a todos montados nun tren pneumático. O luns 5 de xaneiro percorrerán A Silvarredonda, Corcoesto, Beres, O Esto, Cundíns e Cesullas. O martes 6 de xaneiro irán a Borneiro, Canduas, Neaño, Anos, A Mata e Nantón. En Nantón haberá un belén de Reis organizado pola Asociación Cultural Airiños de Nantón. A cita máis concorrida será a do día 5 de xaneiro, a partir das 6 e media da tarde, na Noite Máxica de Reis, que terá lugar no pavillón municipal. Para os máis pequenos abrirase Cabanalandia con inchables, obradoiros infantís e xogos de Wii. Mentres se agarda pola chegada dos Reis Magos, todos poderán gozar dunha actuación de maxia a cargo de Pablo Trasno.Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do Departamento de Cultura do Concello de Cabana.