A veciñanza esixe a construción da nova ponte de Xabarido

Vai para 4 anos dende que a prometida obra na nova ponte de Xabarido, entre Langueirón e Corcoesto. Pero a obra non sae e a ponte cae a anacos. O último este pasado mes, cando caía un dos valados laterais poñendo en perigo a todo o que pase pola zona.

Deste xeito, a veciñanza da zona acodía este pasado sábado á ponte para realizar unha concentración e visibilizar a necesidade da obra. “Queremos unha ponte nova” rezaban as pancartas da veciñanza.

Historia da loita pola ponte de Langueirón