mércores. 04.12.2024
El tiempo

A Deputación anuncia a construción da nova ponte de Xabarido

Ponte de Xabarido
Imaxe da estreita e perigosa ponte de Xabarido
A Deputación anuncia a construción da nova ponte de Xabarido

Máis de 1,4 millóns costará a nova ponte que a Deputación proxecta realizar para substituír á precaria ponte de Xabarido. Unha verdadeira necesidade pola que tanto teñen loitados os veciños do val de Corcoesto, que leva sendo solicitada dende 2015, e que mesmo vivíu concentracións veciñais para o seu arranxo.

Van 6 anos de denuncias por parte da entidade Petón do Lobo, promesas (mesmo houbo unha presentación do proxecto remodelación na granxa de Langueirón), e de parches en forma de obriñas que non solventaban a perigosidade dunha ponte extremadamente estreita, que en inverno se xea, e que ademais ten problemas estruturais.

Por fin a Deputación anuncia a construción dunha nova ponte nesa estrada DP-1405 de Pazos a Leas por Beres (que conecta Ponteceso e Cabana de Bergantiños).
As actuacións consistirán no derrubamento da estrutura existente para a posterior creación dunha nova que aumente a súa amplitude dos 4 ata os 7 metros. A estrada contará con beiravías e beirarrúas, co fin de ofrecer un itinerario seguro tanto para os vehículos como as persoas que vaian a pé. Os accesos á ponte contarán cun ancho de 12 metros.

Historia da loita pola ponte de Langueirón

Comentarios