Esixen a urxente reparación da ponte de Xabarido, prometida xa hai 4 anos

Vai case un ano dende que a Deputación anunciaba a construción dunha nova ponte. Pero a demora é eterna. En 2018 xa afirmaban que estar lista en 2019 pois as entidades sociais levan pedindo a súa construción dende 2015.
Esta pasada semana, a Ponte de Xabarido, que une os Concellos de Cabana e Ponteceso cruzando o río Anllóns ao seu paso pola estrada CP-1405 de Pazos de Leas por Beres, volvía sufrir uns novos desperfectos. Derrubáronse as proteccións da marxe dereita, implicando un considerable risco tanto para as persoas que a transiten a pé, como para as que o fagan en vehículo.
Por iso volven urxir o arranxo tanto as entidades sociais como Petón do Lobo como o propio Concello de Cabana, que vén de emitir un informe para o arranxo desta vía de titularidade provincial.
Historia da loita pola ponte de Langueirón
- OUtubro 21: A Deputación anuncia a construción da nova ponte de Xabarido.
- Novembro 19: A Asociación Petón do Lobo denuncia a frustración das obras da ponte de Xabarido.
- Agosto 19: Concentración da veciñanza de Corcoesto e Langueirón para pedir o arranxo da ponte de Xabarido.
- Decembro 18: A nova Ponte de Xabarido estará rematada a finais de 2019.
- 2015: O Petón do Lobo consegue o arranxo da Ponte de Xabarido.