A Xunta autoriza o Parque Eólico Alto Torreiro

As entidades ecoloxistas denunciaron que os proxectos Bustelo Barallans e Alto Torreiro son o mesmo

A pesar da denuncia por fragmentación fraudulenta, a Xunta vé de outorgar a autorización administrativa previa e de construción das instalacións relativas aos proxectos do parque eólico Alto Torreiro, situado nos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco e promovido por EDP Renovables España, S.L.U.