PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular
Non paramos de debullar os 39 novos proxectos eólicos que se nos veñen enriba. Onte falabamos do PE Monteadugo-SET Morás, sito entre Arteixo, Laracha e Carballo, e sen tempo a dixerilo, imos coa descrición di impacto do Parque Eólico “Alto do Torreiro”, arestora en fase de consulta pública, e que afecta aos concellos de Cabana e Coristanco.
Un proxecto a través do cal EDP Renovables instalará 5 aereoxeneradores de 122 metros de altura de buxe e 155 de diámetro de rotor, que se situarán a menos de 1 km de lugariños como Bello, Teixedo, A Pedra, Regoseco, Paradoa, Avieira, Penela, Banela, Lamas, Braña, ou Baralláns, que ninsequera aparece nas avaliacións.
O máis lamentable para entidades como a Asociación ambiental Petón do Lobo, a Asociación galega Cova Crea, a Asociación “O Ouriol” do Anllóns, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños e a Asociación de veciños de Valenza Río Lourido, é que a Xunta volve buscar na mesma trampa de “tramitación fraudulenta” pola fragmentación de dous proxectos nun, como no caso do “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
Explican que o proxecto eólico de Alto Torreiro está moi preto, e mesmo comparte infraestrutura de evacuacion enerxética, co PE Bustelo e Baralláns. Para as entidades debería ser considerado como un único parque, pero que a Xunta o divide en dous para simplificar a avaliación ambiental, xa que a suma de potencias xeradas é superior aos 50 MW (26 do primeiro e 36 MW do segundo), e a tramitación do proxecto eólico sería competencia do Ministerio de Transición Ecolóxica do Goberno de Madrid.
Por se fóra pouco, lembran que na actualidade xa existe o parque eólico Silvarredonda en funcionamento, a apenas 1,3 km de distancia
Por outra banda, o proxecto afecta de cheo á Área de Especial Interés Paisaxístico (AEIP) Val fluvial do Lourido, e por enriba, "a empresa ainda establece un vial de cruzamento do río para unir as liñas de enerxía entre todos os aeroxeneradores, cando se se tratara de proxectos independentes non faría falla tal cruzamento".
Igualmente, destacanque "os proxectos afectan a unha importante área forestal de vital importancia para a economía da zona, onde ten gran peso o sector primario e os usos forestais e clasificado como chan rústico de especial protección forestal e paisaxística".
Informe eólicos
Máis novas eólicos
- PE Monteadugo-SET Morás: Outro mar de viraventos entre Arteixo, Carballo e A Laracha.
- PE Monte Chan: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Agrelo e Muriño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas .
- PE Orzar e Tornado: Outros dous proxectos eólicos de Greenalia en Carballo .
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Corme: A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme .
- PE Berdoias: Varias entidades presentan alegacións ao Parque Eólico de Berdoias polo impacto no seu patrimonio.
- PE Campelo, Bustelo e Monte Toural: A DIA do Campelo recoñece que os do Campelo, Bustelo e Toural son un só proxecto eólico.
- PE Banzas: O bosque de Santa Locaia, tamén ameazado polos eólicos de Banzas.
- PE Maragouto: Os Quijotes e Petón do Lobo piden que os eólicos non afecten aos humidais de montaña.
- PPEE Alto da Croa, Alto da Croa II e Monte Tourado: Denuncian a posible corrupción trala fragmentación fraudulenta dos parques eólicos de Vimianzo e Dumbría.
- G3 Corme: A desfeita das obras do parque eólico G3 de Corme, en imaxes.
- PE Salgueiras: “O parque eólico Salgueiras é ilegal que cada representante político e social asuma súas responsabilidades”.
- PE Salgueiras: Esixen a modificación do proxecto eólico das Salgueiras polo impacto visual e a aparición de novos elementos patrimoniais
- “Aldeas con horizonte”: Manifesto por unha moratoria a novos parques eólicos.
- PE Cerqueiral: O Cerqueiral, outra ameaza para a nosa paisaxe.
- Greenalia, que promove 7 parques eólicos na comarca, fai unha doazón de material escolar.
- PE Mouriños: A desfeita das obras do parque eólico de Mouriños na Serra de Gontón, en imaxes.
- PPEE Bustelo, Campelo e Toural: Santa Comba vestiuse de negro contra o “megaparque” eólico de Bustelo, Campelo e Toural.
- P.E. Pena Catasol: Laxe xa non é un Concello Libre de Eólicos.
Máis relacionados
- 6 razóns do expolio eólico: "Nunca Máis ao Plan Sectorial Eólico de Galicia”.
- 5 Concellos da zona únense para pedir á Xunta paralización dos trámites de parques eólicos iniciados no Estado de Alarma.
- Familias afectadas por 6 proxectos de parques eólicos: “Róubannos a nosa Paisaxe”.
- Mazaricos páralle os pés aos eólicos.
- "Os propietarios dos terreos afectados polos parques eólicos só quedan co 1% dos ingresos das empresas”.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- Como repercute a invasión dos eólicos nos Concellos da Costa da Morte?.