A Xunta aproba os proxectos eólicos de Bustelo-Baralláns e do Alto do Torreiro pero denega o de Agrelo e Muriño

Remata este mes de marzo cunha voráxine de resolucións sobre as Declaracións de Impacto Ambiental. Ademais das negativas a dous dos proxectos que ameazaban os Penedos de Traba e Pasarela, son varias as resolucións que nos atinxen.
Por un lado, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Xunta tamén considera negativa a Declaración de Impacto Ambiental do Monte Agrelo e Muriño. Un Parque promovido por EDP Energías Renovables España S.L.U. que pretendía instalar 7 aereoxeneradores entre os Concellos de Cabana e Zas.
A DIA recolle as afectacións a varias zonas protexidas: “ZEC “Río Anllóns”, ZEC “Costa da Morte” e a ZEPA “Costa da Morte Norte”, así como a posible afectación ás Torres do Allo.

Dous aprobados malia ser un megaproxecto fragmentado
Curioso que todas estas razóns non se cumplan para outros dous proxectos, situados por preto, que si son considerado “ambientalmente viable” como son os do Alto Torreiro e o P.E. Bustelo e Baralláns, denunciados por posoible fragmentación irregular, a práctica xa denunciada noutros conglomerados como nos de Campelo, Bustelo e Monte Toural.
No de Alto Torreiro, tamén de EDP Renovables, hai prevista a instalación de 5 aereoxeneradores (lembren que as medidas das novas máquinas superan a alturada Torre de Hércules) que se situarán a menos de 1 km de lugariños como Bello, Teixedo, A Pedra, Regoseco, Paradoa, Avieira, Penela, Banela, Lamas, Braña, ou Baralláns.
Pola súa parte o de Bustelo Baralláns hai previstos 6 aereoxeneradores que afectan a lugares de Coristanco e Cabana como A Mata, Bustelo, Lestón… que sufrirán, a menos de 600 metros, a presencia dos novos xigantes.

Novas sobre os eólicos
- PE Alto do Torreiro: PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
- PE Agrelo e Muriño: Monte Agrelo e Muíño: Outro proxecto eólico sobre os montes de Cabana e Zas .
- PE Bustelo e Baralláns: Piden a eliminación do proxecto eólico Bustelo e Baralláns polo seu impacto paisaxístico.
- PE Alto Torreiro: PE Alto do Torreiro: Denuncian a tramitación fraudulenta do parque por fragmentación irregular.
Máis novas sobre Eólicos
- Marzo 23: Segunda batalla vencida polos Penedos: Declaran desfavorable a DIA do Parque Eólico Monte Chan.
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- Galicia rodeará a Xunta en contra da invasión eólica o vindeiro 23 de abril.
- Carta a un irmán: "Eólicas, así non”.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.