A droga agochada

O Parido (J.F.C) o xefe dos Lulús (A.G.G.) xa están en prisión, tras pasar onte polo xulgado de Camabos. O combadés e o muxián igresan en prisión sen fianza.

Segundo sinalan dende a asociación Antidroga Vieiro, ten que haber máis droga almacenada na zona. Para o presidente de dita asociación, José Manuel Vázquez "hai algún alixo depositado nalgunha aldea da zona", quen apunta que ante o control que sofren os colectivos de narcotraficantes nas Rías Baixas, pouco a pouco van subindo cara as tranquilass calas da Costa da Morte, onde a presión policial é moito menor.

Máis control

Entrementres as asociacións da bisbarra da continúan reclamando máis vixilancia na Costa da Morte, un dos portos máis importantes de entrada da droga en Europa.

Fonte