Camelle pide á Consellería máis control ao furtivismo
08:48 10/08/26
O Patrón Maior de Camelle, Xoxé Xoán Bermúdez, mantivo este pasado venres unha xuntanza coa conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse nas instalacións do pósito coruñés.
O representante camellán pediulle un coche para que os vixilantes poidan controlar mellor aos furtivos polo litoral. “Pedímoslle máis control para o furtivismo, sobre todo co tema do polbo”, explica o patrón, que afirma que tamén solicitaron o arranxo das luminarias da zona do porto de Camelle.
