A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca

Rematou unha nova Mostra do Encaixe de Camariñas, esa festa que conseguíu converter unha artesanía centenaria nunha moda e, sobre todo, nun motor económico. Xa van 26 edicións e cada anto esta aposta pola cultura popular costeira segue medrando. Esta Semana Santa foron 20.000 persoas as que visitaron o pavillón da Mostra, unha cifra algo inferior ao pasado ano, pero desde a organización están satisfeitos cos datos porque este ano concorreron numerosos factores adversos: as malas previsións meteorolóxicas e o mal tempo que houbo durante as xornadas do venres, sábado e domingo (con fortes choivas e ventos), o cambio de hora da pasada madrugada e o feito de que o certamen coincida a fin de mes, que sempre inflúe neste tipo de eventos.
Ademais, recordan que a cifra é moi superior á das edicións do 2014, 2013, 2012 e 2011. O día de maior afluencia foi o Venres Santo, como vén sendo habitual en todas as edicións.

Para despedir a Mostra, durante a clausura a Concelleira responsable da Promoción do Encaixe, Servizos Sociais e Igualdade, Sandra Ínsua, ademais de agradecer o esforzo de todas as institucións, entidades colaboradoras e diseñadores participantes, destacou que a Mostra do Encaixe “nunha época profundamente inxusta, quere ser o faro que, como o noso querido faro Vilán, alume a comarca e Camariñas para ver o fin desta penumbra”. Ínsua Rial tamén fixo especial fincapé en que esta “Mostra Internacional do Encaixe conta con “unha pasarela de moda propia á altura das máis importantes do país, dentro dunha Semana Santa de cultura, deseño e artesanía”.

Así o recoñecía Lorena Martínez Canosa, na voz de Quepasanacosta, para a Radio Galega na súa retransmisión do Xoves Santo na Mostra.

 

Os Deseñadores Noveis

Premiados Concurso Xovenes Diseñadores Mostra Encaixe 2016

É o concurso de Diseñadores Noveis unha das grandes citas desta Mostra. Este ano celebrouse en domingo, como broche de ouro, e o primeiro premio foi para Sara Lage González, de Lugo, coa colección “Manacles”. Esta moza lucense xa recibiu o segundo premio o pasado ano. A colección deste ano eran tres vestidos longo en cor branca e un pantalón cun top tamén en cor branca, con encaixe do mesma cor e elegantes tocados.

O segundo premio foi para María Teresa González, coa colección “Segredos de Alcoba”, con elegantes transparencias longas en cor negra e encaixe do mesma cor. O terceiro premio conseguiuno a asturiana Vanesa Lorenzo, coa colección “Os misterios das pirámides”, vestidos e pantalóns en azul e laranxa simulando o atuendo egipcio; mentres que o premio especial do público levouno un mozo de Pontevedra, Diego Cabaleiro, coa colección denominada “Kaba’s gentleman”, que, como o seu nome indica, un dos modelos era un elegante traxe de cabaleiro en cor granate con encaixe branco e camisa branca.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Mostra do Encaixe