Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina

Catorce países participan na Mostra do Encaixe coa estrea de Arxentina
Camariñas xa ten todo (ou case todo) listo para a XXVI edición da Mostra do Encaixe que terá lugar entre os días 23 e 27 de marzo. Unha das novidades deste ano é a cantididade de países que participan que faran que o certame sexa máis internacional que nunca. Ademais de Arxentina, que participa por primeira vez na mostra, estarán representados os países de Alemaña, Bélxica, Bulgaria, Estonia, Francia, Inglaterra, Italia, Polonia, Portugal, República Checa, Rusia e Suiza, xunto cunha delegación española de Arenys de Mar - Barcelona -, que xa é habitual na feria. As delegacións extranxeiras impartirán talleres nos que se poderá comprobar as distintas técnicas que ten cada país co encaixe de bolillos. Durante a xornada inagural, que será o día 23 de marzo ás 17 horas, haberá un encontro de encaixeiras infantís da Escola Municipal de Camariñas ademais das demais artesáns locais e das procedentes do concello de Vimianzo. Sobre as 16:30 horas terá lugar o "Pequeencaixe" - que foi un dos protagonistas do ano pasado -, no que as alumnas da escola camariñana lucirán os traballos feitos por elas mesmas e continuará o desfile de recoñecidas firmas. As firmas participantes son Ana Cabranes (Gijón), Claudina Mata (Granada), Devota & Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga), José Matteos (A Coruña), Sanmar Niños (A Coruña) y Yono Taola (Madrid). Con complementos de todo tipo acudirán outras tres firmas: Cristina Llama (Xixón), Janet Schulz (Vigo) e Mar Balmon (Madrid). TAmén participarán nesta pasarela dúas deseñadoras de Camariñas que contan cunha ampla traxectoria: María Campaña y Katy Mouzo. Todos os días da mostra haberá desfiles dos recoñecidos deseñadores que se pasarán pola mostra, así como das 30 colección que participan no concurso de Deseñadores Noveles procedentes de distintos puntos do territorio nacional. O xoves, 24 de marzo, reuniránse no recinto feiral distintos profesionais do sector da moda con motivo do IV encontro Blogger Moda. Durante os cinco días da feira realizaranse diversas actividades paralelas tales como visitas guiadas polo concello de Camariñas, demostracións en vivo de outro tipo de artesanías como a do vidrio e a do liño, talleres infantís,...

Programa

Programa Mostra do Encaixe Camarinas 1 Programa Mostra do Encaixe Camarinas 1     Novas relacionadas Fonte

Comentarios