Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A por outros 25 anos de Encaixe

A por outros 25 anos de Encaixe
Desfile na XXV Mostra do Encaixe Camarinas 2015

Arrincou a XXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas 2015. Onte, mércores 1 de abril, tiña lugar a inauguración, á que acodían numerosas personalidades. E a cita servíu para demostrar que o futuro está ben encamiñado, e que esta artesanía xa convertida en artigo de luxo no mundo da moda, leva un rumbo axeitado para a supervivencia e a expansión.

Precisamente conseguir introducir unha artesanía como a do encaixe na industria do deseño de moda é o meirande logro que conseguíu a Mostra nestes 25 anos. A aposta decidida polos desfilen ten o seu premio é a valoración do traballo daquelas artesás que traballaban horas incontables para facer unha prenda que tiña que competir no mercado cos produtos de baixa calidade das grandes marcas. Agora, despois de 25 anos apostando pola innovación sen perder as raíces e os valores que caracterizan ao produto artesán galego, o Encaixe ten un prezo.

Pero na xornada inaugural houbo tempo para outras cousas. O Alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, falou en ton reivindicativo. Criticou a falta de apoio do goberno estatal ao encaixe, entendéndoo como un referente da “Marca España”. Pero criticou aínda máis as políticas que afogan a pesca artesanal, da que tanto vive Camariñas e a Costa da Morte, demostrando que as redes económicas na zona están moi vencelladas.

Este ano non estivo o presidente, pero si a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que destacou o encaixe como “un referente de dinamización do sector artesán galego”, así como “un escaparate da marca Artesanía de Galicia”. I é que Camariñas é clave no papel que xoga a artesanía como atractivo diferenciador da oferta turística de Galicia e como vehículo para proxectar a imaxe de Galicia no exterior.

Comitiva municipal cas pequenas palilleiras do Encaixe

Pequeencaixe e desfiles

A XXV Mostra do Encaixe demostrou que hai futuro

Houbo momento para comprobar que temos boa canteira palilleira. Nenos e nenas demostraron a súa destreza cos bolillos con demostracións en vivo. Cos bolillos e na pasarela, pois o esperado Desfile do Pequeencaixe fixo as delicias de todos. Os máis pequenos disfrutaron pola pasarela, e os maiores co seu estilo.

Desfile na XXV Mostra do Encaixe

De seguido tomaron a pasarela @s modelos que demostrarán o ben que lle senta á moda esta artesano:

Desfile na XXV Mostra do Encaixe Desfile na XXV Mostra do Encaixe Desfile na XXV Mostra do Encaixe

Moito máis

Hoxe xoves quédannos catro desfiles de moda, o III Encontro de Blogers, actuacións da Banda de gaitas municipais, 200 palilleiras nas xuntanzas e os stands cargados de novedades.

Pero é que chegan 3 días completos, con 12 delegacións internacionais, desfiles dunha trintena de deseñadores noveis, colaboración de firmas de moda de recoñecido prestixio e expositores artesáns de oficios como a xoiería, o téxtil, o vidro e a bixutería…

Longa vida ao encaixe.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios