O alumnado do Pedra da Aguia puido subir a bordo do Patrulleiro Tabarca

Alumnado de 4º da ESO do IES Pedra da Aguia visitou o xoves 24 de abril o Patrulleiro Tabarca, un buque de Armada española con sede en Marín, que aproveitou a súa estancia no porto de Camariñas para celebrar unha xornada de portas abertas.

O navío, que ten unha eslora de 45 metros e que xa está próximo á “xubilación”, por ser un dos máis antiguos, conta cunha tripulación media de 24 persoas e realiza labores de vixiancia entre a desembocadura do Miño e o golfo ártabro.

Tres tripulantes, entre elas unha muller, explicaron durante unha hora as características do barco e as funcións que desempeña. O alumnado fixo un pequeño percorrido polo barco, no que se lles amosou a ponte de mando, a proa do barco cun canón e a popa do mesmo cunha ametralladora e dúas lanchas zodiac.

Ademais informóuselles dos estudos necesarios para entrar na Marina e das ventaxas asociadas ao corpo, nun intento de animar aos xóvenes a enrolarse nun oficio falto de efectivos e que espera ansioso o incremento do orzamento de Defensa esixido pola OTAN para modernizar os seus buques.