A asociación forestal A Croa de Camariñas informa á veciñanza da súa formulación como Agrupación de Xestión Conxunta
05 de xuño de 2025 (07:50 h.)
A asociación de propietarios de montes "A Croa" de Camariñas convida a tódolos veciños interesados na conservación, mellora e rendibilidade dos seus montes a asistiren a unha reunión extraordinaria que se vai celebrar este sábado, 7 de xuño ás 17.30 da tarde no Casino camariñán.
Na xuntanza está previsto tratar os beneficios que se poden obter ó pasar de asociación a Agrupación de Xestión Conxunta.
Os técnicos facilitarán información tamén sobre os proxectos nos que está a traballar a asociación así como nas medidas en marcha no campo da accesibilidade ós terreos e na prevención de incendios.