A Croa pecha a súa serie de charlas forestais cun relato para facer máis rendibles os montes
08:30 20/08/24
O vindeiro venres, 23 de agosto remata o ciclo de charlas organizadas pola asociación de propietarios de montes "A Croa" de Camariñas. A charla comenzará ás 20:00h da tarde na Casa de Pedra e correrá a cargo de Xosé Luis Chan, Director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da conselleria do Medio Rural.
Unha charla na que fará unha avaliación da limpeza dos camiños, moitos intransitables dende habia anos. Xosé Luis Chan tamén falará sobre as axudas coas que se pode contar para evitar incendios e facer rendibles os montes. Unhas posesións que si poden dar postos de traballo e xerar uns ingresos que lamentablemente agora non dan porque están, na súa meirande parte, completamente abandonados.
Será Chus Castro a que presente ao invitado.