Camariñas esixe a restitución dos camiños forestais ás madereiras

09:13 17/05/25
A Asociación de Propietarios de Montes “A Croa” de Camariñas presentou por rexistro un borrador de ordenanza municipal coa finalidade de que o Concello regule a obriga das empresas madeireiras de restituír os camiños forestais ao seu estado orixinal tras as labores de extracción.
Unha petición que a alcaldesa, Sandra Insua, se comprometeu a levar a cabo.
Ademais, a rexedora advertiu que, de persistiren os danos nas infraestruturas viarias causados polas empresas, non descarta recorrer á intervención da Garda Civil, especialmente tendo en conta o esforzo investido pola Asociación e pola Consellería do Medio Rural na limpeza e acondicionamento destes camiños.