Axudas para rehabilitar casas nas zonas do Camiño
A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, nas sete rutas que teñen remate ou comezo en Santiago de Compostela, permitirá acometer obras de rehabilitación de vivendas nun total de 22 parroquias de 5 concellos (Dumbría, Cee, Fisterra, Mazaricos e Corcubión) emprazados no trazado do Camiño de Santiago na Costa da Morte.
As vivendas que pretendan acceder a estas axudas deberán estar dentro do perímetro das parroquias polas que transcorre o Camiño de Santiago ou no trazado do propio Camiño, deberán ter unha antigüidade superior a dez anos e deberán destinarse a domicilio habitual e permanente do seu propietario ou ao aluguer, polo menos durante cinco anos, tras a finalización das obras de rehabilitación.
Tipo de axudas
A axuda, en forma de subvención a fondo perdido, poderá acadar ata o 75 por cento do orzamento protexido, cun límite de cinco mil euros por vivenda. Estas axudas son compatibles con calquera outra concedida para o mesmo fin, pero conxuntamente non poderán superar o devandito 75 por cento do orzamento.
As axudas poderán solicitarse unha vez o Instituto Galego da Vivenda e Solo publique a correspondente convocatoria, prevista para antes do verán.
Tamén para os concellos
Os concellos tamén poderán acceder a axudas para a rehabilitación de espazos públicos nas condicións que fixe o Instituto Galego da Vivenda e Solo na convocatoria das axudas.
Parroquia a parroquia
Os concellos e parroquias incluídos na área de rehabilitación dos Camiños de Santiago na Costa da Morte son os seguintes:
CONCELLO | PARROQUIA | ÁMBITO DA ÁREA DE REHABILITACIÓN | VIVENDAS EXISTENTES |
DUMBRÍA | Ézaro | (Santa Uxía)Toda a parroquia | 269 |
DUMBRÍA | Dumbría | (Santa Eulalia) | 184 |
DUMBRÍA | Olveira | (San Martiño) | 175 |
DUMBRÍA | Buxantes | (San Pedro) | 156 |
DUMBRÍA | Salgueiros | (San Mamede) | 88 |
DUMBRÍA | Olveiroa | (Santiago) | 42 |
CEE | Cee | (Santa María da Xunqueira) - Trazado do Camiño | 2.164 |
CEE | Brens | (Santa Baia) - Toda a parroquia | 433 |
CEE | A Toba | (Santo Adrán) | 300|
CEE | A Ameixenda | (Santiago) | 274 |
CEE | A Pereiriña | (San Xián) | 265 |
CEE | Lires | (Santo Estevo) | 152 |
CORCUBIÓN | Corcubión | (San Marcos) - Trazado do Camiño | 562 |
CORCUBIÓN | Redonda | (San Pedro) - Toda a parroquia | 122 |
FISTERRA | Fisterra | (Santa María) - Trazado do Camiño | 358 |
FISTERRA | Sardiñeiro | (San Juan) - Toda a parroquia | 458 |
FISTERRA | Duio | (San Vicenzo) | 1.372 |
FISTERRA | Duio | (San Martiño) | 148 |
MAZARICOS | Mazaricos | (San Xoán) - Toda a parroquia | 278 |
MAZARICOS | Maroñas | (Santa María) | 127 |
MAZARICOS | Corzón | (San Cristobo) | 96 |
MAZARICOS | Baos | (Santo Tomé) | 28 |
Detalles de Corcubión
O concello de Corcubión dispón ademais dunha área de rehabilitación declarada con antelación no seus cascos históricos.
Dende a súa creación en 2003, á área de rehabilitación do casco vello de Corcubión asignáronselle 65 actuacións de rehabilitación, que supoñen a totalidade das vivendas necesitadas de rehabilitación no ámbito da área declarada.
Naquelas zonas onde a área de rehabilitación dos Camiños de Santiago poida coincidir co ámbito doutras áreas declaradas con anterioridade aplicaranse as axudas da área xa declarada e non as da área dos Camiños de Santiago.
Novas relacionadas
- PX pedirá información sobre o parque eólico da Ruña pola afección ao Camiño de Santiago.
- Muxía chega a Venezuela a través dunha documental sobre o Camiño.
- A AGACS defende o Camiño.
- Necesidades do Camiño (IV): O estado das pistas .
- Necesidades do Camiño (III): A sinalización .
- Necesidades do Camiño (II): Unha verdadeira ordenación do Cabo Fisterra .
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.