Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A AGACS defende o Camiño

A AGACS defende o Camiño
Unhas 100 persoas e case que outras tantas asociacións acompañaron á Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, AGACS, na súa defensa pública do patrimonio do Camiño de Santiago. A reivindicación tivo lugar o pasasdo sábado 18 de decembro na a Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, e ía enficada a defender "dos continuos atentados e agresións que vén sufrindo o patrimonio do Camiño Francés a Santiago, Camiño declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1993. A AGACS solicitou a inclusión do Camiño Francés na lista do Patrimonio Mundial en Perigo da Unesco. Entre as máis de 60 asociacións que asinaron o manifesto a día 16 de decembro, e entre as que atopamos algunha dende o Brasil, hai varias entidades da bisbarra, como son a Federación de Empresarios da Costa da Morte (FECOM), a Asociación Neira Marcos de Salto (Vimianzo), a Asociación de Veciños de Bamiro (Vimianzo), e a Asociación Profesional do Turismo da Costa da Morte (APTCM) ademais do apoio, aínda non formal, de outras entidades, como o da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural. Vemos caras coñecidas na mesa presidencial do acto, como a da hospitaleira de Fisterra Begoña Baldomar, ou a de Rosa Sánchez. Os membros da AGACS levaban unha camisola coa lenda "Yo sobreviví al Xacobeo 2010" e outra con "+ Camiño, - Compostelas".

Manifesto

Recoñecido o seu valor universal excepcional, e incluído na Lista do Patrimonio Mundial o 11 de decembro de 1993 e protexido pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural de 1972 (de obrigada observancia para os Estados membros, como é España), as continuas agresións e o desinterese, tanto do propio Estado como do resto de administracións públicas que teñen o deber de velar por ese grandioso legado que debemos traspasar ás futuras xeracións, lévanos a solicitar esa inclusión na "lista da vergoña", onde figuran moitos monumentos do chamado "terceiro mundo". O manifesto presentado e lido o día 18 en Compostela, será enviado de forma urxente aos responsables internacionais de ICOMOS (organismo asesor da UNESCO) en Paris.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da AGACS.

Comentarios