mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axudas para rehabilitar casas nas zonas do Camiño

Axudas para rehabilitar casas nas zonas do Camiño

A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago, nas sete rutas que teñen remate ou comezo en Santiago de Compostela, permitirá acometer obras de rehabilitación de vivendas nun total de 22 parroquias de 5 concellos (Dumbría, Cee, Fisterra, Mazaricos e Corcubión) emprazados no trazado do Camiño de Santiago na Costa da Morte.

As vivendas que pretendan acceder a estas axudas deberán estar dentro do perímetro das parroquias polas que transcorre o Camiño de Santiago ou no trazado do propio Camiño, deberán ter unha antigüidade superior a dez anos e deberán destinarse a domicilio habitual e permanente do seu propietario ou ao aluguer, polo menos durante cinco anos, tras a finalización das obras de rehabilitación.

Tipo de axudas

A axuda, en forma de subvención a fondo perdido, poderá acadar ata o 75 por cento do orzamento protexido, cun límite de cinco mil euros por vivenda. Estas axudas son compatibles con calquera outra concedida para o mesmo fin, pero conxuntamente non poderán superar o devandito 75 por cento do orzamento.

As axudas poderán solicitarse unha vez o Instituto Galego da Vivenda e Solo publique a correspondente convocatoria, prevista para antes do verán.

Tamén para os concellos

Os concellos tamén poderán acceder a axudas para a rehabilitación de espazos públicos nas condicións que fixe o Instituto Galego da Vivenda e Solo na convocatoria das axudas.

Parroquia a parroquia

Os concellos e parroquias incluídos na área de rehabilitación dos Camiños de Santiago na Costa da Morte son os seguintes:

300
CONCELLOPARROQUIA ÁMBITO DA ÁREA DE REHABILITACIÓNVIVENDAS EXISTENTES
DUMBRÍAÉzaro(Santa Uxía)Toda a parroquia269
DUMBRÍADumbría (Santa Eulalia)184
DUMBRÍAOlveira (San Martiño)175
DUMBRÍABuxantes (San Pedro)156
DUMBRÍASalgueiros (San Mamede)88
DUMBRÍAOlveiroa (Santiago)42
CEECee(Santa María da Xunqueira) - Trazado do Camiño 2.164
CEEBrens(Santa Baia) - Toda a parroquia433
CEEA Toba(Santo Adrán)
CEEA Ameixenda(Santiago)274
CEEA Pereiriña(San Xián)265
CEELires(Santo Estevo)152
CORCUBIÓNCorcubión(San Marcos) - Trazado do Camiño562
CORCUBIÓNRedonda(San Pedro) - Toda a parroquia122
FISTERRAFisterra(Santa María) - Trazado do Camiño358
FISTERRASardiñeiro(San Juan) - Toda a parroquia 458
FISTERRADuio(San Vicenzo)1.372
FISTERRADuio(San Martiño)148
MAZARICOSMazaricos(San Xoán) - Toda a parroquia278
MAZARICOSMaroñas(Santa María)127
MAZARICOSCorzón(San Cristobo)96
MAZARICOSBaos(Santo Tomé)28

Detalles de Corcubión

O concello de Corcubión dispón ademais dunha área de rehabilitación declarada con antelación no seus cascos históricos.

Dende a súa creación en 2003, á área de rehabilitación do casco vello de Corcubión asignáronselle 65 actuacións de rehabilitación, que supoñen a totalidade das vivendas necesitadas de rehabilitación no ámbito da área declarada.

Naquelas zonas onde a área de rehabilitación dos Camiños de Santiago poida coincidir co ámbito doutras áreas declaradas con anterioridade aplicaranse as axudas da área xa declarada e non as da área dos Camiños de Santiago.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta.

Comentarios