Camariñas pechou os seus campamentos de verán polas parroquias

O Campamento de Verán de Camelle

Hoxe, mércores 31 de agosto, rematan os campamentos de verán do Concello de Camariñas, que sumaron 783 inscricións entre a modalidade de obradoiro de tempo libre e a actividade náutica e que, por primeira vez se levaron a cabo, ademais de en Camariñas, na Ponte do Porto e en Camelle.

No obradoiro de tempo libre houbo 583 inscritos (365 en Camariñas, 103 na Ponte do Porto e 115 en Camelle) mentres que no campamento náutico foron 200 as persoas que se anotaron (25 por quenda).

Na Ponte do Porto
No Náutico
En Camariñas