Camariñas prepárase para as súas festas do Carme

Xose Luis Blanco Campaña é o Camariñán de Honra 2021
Xosé Luís Blanco Campaña será nomeado Camariñán de Honra

Co San Pedro da Ponte do Porto xa case en marcha, Camariñas ponse o traxe para as Festas do Carme. A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa (ACCDR) “Virxe do Carme de Camariñas” prepara un completo programa, e agradece a colaboración inmensa do pobo de Camariñas, do seu concello, da confraría, e dos grupos de gaitas Abrindo o Rejo, Vaiche Boa e Con Todo en Banda.

As actividades céntranse na fin de semana do 16 e 17 de xullo. O venres 16 de xullo arrincan coa tradicional alborada a cargo da banda de gaitas Abrindo o Rejo e unha banda de música. Non faltará a Danza de Arcos acompañada polos grupos de gaitas Con Todo en Banda e Vaiche Boa. Nin, por suposto, a Homenaxe aos mariñeiros falecidos no último ano, diante da imaxe do Carme do Paseo Marítimo. De feito, se as autoridades sanitarias o permiten haberña procesión ata a Praza do Mercado.


Unha das actividades preferidas é a Procesión Marítima coa ofrenda floral aos homes e mulleres que perderon a vida no mar, cunha gran traca ao retorno. A Sesión Vermut a cargo da Charanga Mekánica Rolling Band e ao longo da tarde haberá actuacións itinerantes da charanga Louband e do dúo D´Festa.

O sábado 17, despois das alboradas, a danza de arcos e a misa, toca Sesión Vermut a cargo da charanga O Rumbo de SAardiñeiro e actuacións itinerantes pola tarde co dúo D’FESTA.

Camariñán de Honra 2021

A entidade acordou nomear Camariñán de Honra a Xosé Luís Blanco Campaña. Un recoñecemento por ter defendido e difundido os valores camariñáns ao longo da súa traxectoria, na que desenvolveu as profesións de xornalista, escritor, locutor de radio, presentador de televisión e mesmo de compositor galego.

Novas relacionadas