Xoves. 05.08.2021
El tiempo

A Ponte do Porto, Muros e Santa Comba si celebran o San Pedro

Festas de San Pedro de Muros Ponte do Porto e Santa Comba
A Ponte do Porto, Muros e Santa Comba si celebran o San Pedro

Ademais da cita cos poucos festivais costeiros que sobreviven á pandemia, este verán volven as Festas. Aínda sen verbenas nin sesións vermú, pero si con pasarrúas. bombas de palenque e misas.

Así o confirman dende a Ponte do Porto onde celebrarán este San Pedro, coas bobas de palenque do Caldo de Riola, e pasarrúas con varios o grupos de gaitas e mesmo a mítica Charanga Mekánica.

Pero non será o único San Pedro. Santa Comba ou Muros (non así Corcubión) tamén o celebran, e con concertos no canto de verbenas.

San Pedro Cultural en Santa Comba

As Tanxugueiras, que actúan este sábado no Orballo Cultural, serán as protagonistas das Festas de San Pedro de Santa Comba. A cita será o martes 29 ás 22:00h no Campo da Feira, e haberá que facer reserva previa no 663 728 968.

Antes, estará o Mago Dani García, e o mércores 30, ás 22:00h na Casa do Pozo haberá unha performance sobre sensibilización en materia de violenxia de xénero con Sen Cancelas Teatro.

Sito Sedes e a Garufa Blue Devils Big Band chegan este luns a Muros

Este luns, día 28, ás 22:00 horas, chega á praza do Concello de Muros a música en directo da Garufa Blue Devils Big Band, que interpretará un repertorio que se nutre dos grandes clásicos do swing sen perder de vista a música afrocubana dos anos 30 e 40, o cine e o cabaret.
Dirixida polo maestro Roberto Somoza (clarinete, frauta e arranxos) e orixinaria da Coruña, a Garufa Blue Devils Big Band está formada por un total de 18 músicos (cinco saxos, catro trompetas, catro trombóns, batería e percusión, piano, guitarra e contrabaixo) e catro voces solistas.
O concerto de Muros, patrocinado por Turismo de Galicia, contará ademais coa presenza do mítico cantante de Los Satélites e unha das lendas da canción en Galicia, Sito Sedes, que tomará o micro xunto cos catro cantantes habituais da big band: Bea García, Gabi Triana, Paula Pérez e Mery Lafuente.

O aforo é limitado. A reserva previa para a actuación pode facerse chamando ao 981 762 294 ou nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil de Muros.

comentarios