Martes. 10.12.2019
El tiempo

As procesións marítimas do Carme, a xoia etnográfica esquecida polos roteiros turísticos

As procesións marítimas do Carme, a xoia etnográfica esquecida polos roteiros turísticos
Procesion Maritima do Carme de Corme 2018-Foto-Fin Lema 2 Procesion Marítima do Carme de Corme-Foto-Fin Lema De grandes tesouros etnográficos gústanos catalogar as procesións marítimas das Festas da Virxe do Carme da Costa da Morte. Unha tradición que todos os que a vivimos temos recoñecer que é especial, manténdose aínda como unhas desas citas máis locais e menos turísticas que nos permiten disfrutar en familia. Porque a realidade é que estas procesións non copan as portadas folletos turísticos, e pasan desapercibidos nas campañas turísticas de todo o país, cando as imaxes que deixa son verdadeiramente fermosas, como vemos neste vídeo aéreo da procesión corcubionesa. [fbvideo link="https://www.facebook.com/david.sambaderodriguez/videos/1689956414385766/?t=17" width="800" height="500" onlyvideo="1"] E iso que todos temos levado algún visitante nestas viaxes polas nosas rías, e todos quedan realmente impresionados pola autenticidade desta tradición que se celebra cada 15 de xullo en vilas como Camariñas, Corcubión, Corme ou Muros. A celebración de Muxía queda a última fin de semana de xullo, e en Fisterra fana normalmente en setembro. Son moitas as cousas que suman e que convirten esta data nunha das máis especiais do ano. Por unha banda temos a paixón, a fe profesada á patroa dos mariñeiros, a emotividade pola lembranza daqueles que deixaron as súas vidas no mar. Unha emoción que se sinte a bordo deses barcos, que se vive en pequenas cousas, como nesa mirada perdida e silenciosa dunha das viuvas que viaxan na proa do barco; ou mesmo nesa ofrenda floral no medio do mar que enche de silencio o mar costeiro. Pero ademais temos a liturxia mariñeira, que nos permite disfrutar da brisa do noso mar, tomar unha rica empanada a bordo dun barco, perder os minutos vendo como as ondas se rompen na quilla do barco, ou o pequenos que van quedando os veciños que fican no porto porque se marean, ou porque xa teñen “moi visto” este mar. Que dicir desas sirenas, dese Salve Marinera, ou desa danza de arcos camariñá, que segue manténdose viva gracias ao traballo das asociacións. Unhas asociacións que mesmo este ano estrearon a calificación de Camariñana de Honra, sendo a escolilda a deportista Paula Esteiro. Sen máis, deixámosvos cunha galería para que disfrutedes:

Procesión marítima do Carme de Camariñas

Danza de Arcos polo Carme de Camarinas-Foto-Anxo Castro copia Danza de Arcos polo Carme de Camariñas-Foto-Anxo Castro Procesion maritima do Carme de Camarinas-Foto-Anxo Castro 2 copia Procesion maritima do Carme de Camariñas-Foto-Anxo Castro https://www.facebook.com/1244348165/videos/10218107959270869/?t=7

Procesión marítima do Carme de Corcubion

Procesion maritima do Carme de Corcubion 2018-Foto-Susana Vazquez Procesion maritima do Carme de Corcubion 2018-Fotos-Susana Vazquez

Procesión marítima do Carme de Corme

Procesion Maritima do Carme de Corme 2018-Foto-Fin Lema 3 Procesion Maritima do Carme de Corme 2018-Fotos-Fin Lema

Procesión marítima do Carme de Muros

[fbvideo link="https://www.facebook.com/veo.canaltv/videos/271256313642787/?t=20" width="800" height="450" onlyvideo="1"] https://www.facebook.com/ana.pereirasantos.71/videos/10214445772891691/?t=560 Club de Remos de Muros na procesion maritima copia Club de Remos de Muros na procesion maritima Fogos de Artificio no Carme de Muros-Foto-Fumuros copia Fogos de Artificio no Carme de Muros-Foto-Jesús Fernández Procesion maritima do Carme de Muros-Foto-Xose Sendon 1 Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Xose Sendón Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Xose Sendón Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Xose Sendón Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Xose Sendón Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Xose Sendón Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Xose Sendón Procesión marítima do Carme de Muros-Foto-Quin Muros

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-procesions-maritimas-do-carme-outro-gran-tesouro-etnografico-da-costa-da-morte/

Comentarios