Como é posible que a Xunta exima do impacto ambiental un proxecto no Cabo Vilán?

Malia a que Fenosa (aparentemente) renunciou á instalación das baterías experimentais tóxicas no Cabo Vilán, ADEGA vén de denunciar a actuación da Xunta diante da Comisión Europea. I é que a entidade ecoloxista pregúntase como é posible eximir do estudio de ambiental un proxecto nunha zona protexida a catro bandas.

Algo que só se explica a entidade polos intereses da Xunta de axudar á empresa, de aí a tramitación “express” saltándose a lexislación europea, estatal e galega, e facendo valoracións como que “non é previsible” que “vaia producir efectos significativos”.

Todo a pesar da alta toxicidade das substancias empregadas neste proxecto "piloto" de acumulación da electricidade procedente das turbinas eólicas, do que se coñecen moi poucas experiencias para grandes almacenamentos enerxéticos a nivel mundial, e menos dentro de espazos naturais protexidos.
Lembran que “o ácido sulfúrico e o sulfato de vanadio son substancias químicas moi tóxicas, incluídas na Lei 21/2013, de 9 de decembro de avaliación ambiental dentro do grupo 5 (industria química, petroquímica, téxtil e papeleira), letra a) (instalacións para a produción a escala industrial de substancias mediante transformación química ou biolóxica, dos produtos ou grupos de produtos seguintes: 2º produtos químicos inorgánicos). Isto implica que os proxectos industriais que fagan uso destas substancias deben someterse ao proceso de avaliación ambiental ordinaria regulada no título II, capítulo II, sección 1ª da antedita lei. Isto implica tamén realizar obrigatoriamente os trámites de información pública e consultas, a análise técnica do expediente de impacto ambiental, e a declaración de impacto ambiental por parte do órgano substantivo”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).