Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Cabo Vilán acolle unha planta de almacenamento electroquímico

O Cabo Vilán acolle unha planta de almacenamento electroquímico
O Cabo Vilan con eolicos e piscifactoria

Non chega cunha piscifactoría e un parque eólico. O Cabo Vilán, un dos nosos meirandes tesouros naturais vén de servir de campo de probas para a construción dunha planta experimental de almacenamento de electroquímico de enerxia.

Unha nova que acaba de facer pública o BNG de Camariñas, que denuncia que a Xunta de Galiza autorizara un proxecto así “sen avaliar o impacto ambiental que pode producir”. Falamos dun proxecto da compañía eléctrica Gas Natural Fenosa que quere impulsar dentro da área protexida pola Rede Natura, ubicada no Cabo Vilán, que foi declarado Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial protección para as Aves (ZEPA) e Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

Trátase, como dicimos, dunha planta experimental de almacenamento de electroquímico de enerxia, mediante o uso da tecnoloxia coñecida coma Fluxo Redox Vanadio, coa instalación de dous tanques con sustancias tóxicas e corrosivas, o sulfato de vanadio e ácido sulfúrico. “A pesares da alta toxicidade das sustancias que van a ser empregadas neste proxecto piloto de acumulación da electricidade procedente das turbinas, das que se coñece moi poucas experiencias e instalacións para grandes almacenamentos enerxéticos a nível mundial, e menos dentro de espazos naturais protexidos”, apunta Ilva Carril, voceira do BNG local.

O caso é que a Xunta de Galiza decidiu non someter este proxecto ao procedemento de avaliación ambiental. E cómpre lembrar que o ácido sulfúrico e o sulfato de vanadio son sustancias químicas moi tóxicas. A propia empresa, Gas natural admite que o electrolito conten estas sustancias e que deben de “tratarse con cuidado”. Tamén considera que o “único factor de risco que existe é o de derrame”.

O BNG de Camariñas denuncia que “este proxecto constitue un perigo para o medio ambiente e o medio marino”. E que “no caso de derrame pode pasar as aguas do cabo vilán, constituindo un perigo para a economía local (pesca, marisqueo…)”.

Tamén critican o “escurantismo e a falta de información por parte do alcalde aos veciños/as de Camariñas que van a ser afectados por dita instalación.

O BNG a través da Europarlamentaría Ana Miranda preguntou na Comisión Europeia pola instalación da planta electroquímica de enerxia e si esta comisión coñecia que se ia instalar en Rede Natura e que non se fixese a avaliación ambiental.

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Camariñas.

Comentarios