Sábado. 30.05.2020
El tiempo

A Costa da Morte ve triplicada a súa inútil Rede Natura

A Costa da Morte ve triplicada a súa inútil Rede Natura

A Xunta de Galicia vén de presentar a proposta de ampliación da Rede Natura 2000, que pretende aprobar en 2012. Unha proposta que supón case que triplicar a superficie "protexida" da Costa da Morte, que pasaría a ter case que 30.000 ha de superficie catalogada como Rede Natura 2000.
Unha "ampliación misérrima" segundo Adega pois Galicia, unha das zonas con máis recursos naturais de toda Europa, terá un 15% do territorio "protexida" (sobre o 12% actual), moi por baixo da media estatal (28%). Así, Galicia segue á cola de todo o estado en superficie protexida, cun 15%, por debaixo de Euskadi (20%) mentres Madrid, Murcia ou Baleares superan o 40%.

"Protexida" entre comiñas

E poñemos "protexida" entre comiñas porque xa comprobamos o escaso significado da Rede Natura, unha vez que, por exemplo, as novas normativas como o POL, a modificación da Lei do Solo... permiten que se constrúan novas piscifactorías nestas zonas, así como parques eólicos ou ampliacións dos aproveitamentos hidroeléctricos existentes sen restricións.

Entrementres, o Monte Pindo segue agardando a súa calificación como Parque Natural ante a pasividade da Xunta.

Aumento da Rede Natura

Os datos son positivos para a nosa bisbarra, e indican que a Costa da Morte pasará de ter 11.809 hectáreas protexidas actualmente ás 29.588 que ten previstas aprobar a Xunta. É unha mágoa que moitas veces estas ampliacións sexan vistas con recelo, porque de seguro moitos veciños queren construir en montes herdados e non poden, ou o que é peor, alcaldes que queren urbanizar solos protexidos para engrosar as arcas do Concello e dos propios petos.

Con todo, estes son os datos dos Lugares de Interese Comunitario (LIC) ampliados como Rede Natura na Costa da Morte:

  • LIC ampliados:
    - LIC Costa da Morte (de 11.800 a 29.500 hectáreas);
    - LIC Carnota-Monte Pindo (de 4.670 a 20.410 ha);
    - LIC Monte e Lagoa de Louro (de 1.095 a 7.790 ha);
    - LIC Río Anllóns (de 161 a 450 ha).
  • LIC de nova creación:
    - LIC Río Grande (385 ha);
    - LIC Río Castro (76 ha);
    - LIC Brañas do Xallas (333 ha).

A Zona de Especial Protección para as Aves, ZEPA Costa da Morte mantense como está, incluindo o complexo litoral de Baldaio (Carballo) -incluíndo o tramo costeiro ata Malpica (Carballo-Malpica de Bergantiños)-, as illas Sisargas (Malpica de Bergantiños), o tramo costeiro de Punta dá Nariga-Punta Roncudo (Malpica de Bergantiños-Ponteceso), o estuario do río Anllóns (Ponteceso-Cabana de Bergantiños), o complexo litoral de Traba (Laxe) e o tramo costeiro de Arou-Cabo Vilán (Camariñas). Inclúe sectores de augas mariñas en todas as áreas, con algúns illotes rochosos.

Concellos protexidos

Os novos datos deixan aos Concellos de Camariñas e Carnota nunha situación especial: teñen máis do 40% da superificie municipal protexida como LIC. Unha nova que lamentablemente é tomada dun xeito negativo dende as entidades municipais e entre a veciñanza, cando seguimos sen decatarnos que serven para evitar cousas como os "endosados" das praias de Reira.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios