Convocada unha nova limpeza no Museo-Xardín de Man

Imaxe da primeira limpeza que Mar de Fábula organizou no Museo Xardin de Man en 2014

Volve Mar de Fábula, en colaboración da Asociación de Veciños de Camelle, á acción na bisbarra coa mellora da situación sanitaria, cunha limpeza no Museo-Xardín de Man de Camelle.

A primeira limpeza do ano será este domingo 28 de marzo ás 12:00h, co obxectivo de “seguir mantendo viva a dignidade da súa memoria na longa espera da reconstrucción da súa obra”.

Formaranse 2 grupos de 6 persoas mantendo as debidas distancias e medidas de protección individuais. Os participantes deberán levar máscara e luvas de traballo.

Novas relacionadas