Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A veciñanza de Camelle salva o seu mar

Limpando o areal de Camelle con Mar de Fabula
Limpando o areal de Camelle con Mar de Fábula
A veciñanza de Camelle salva o seu mar

El di que non, que unha limpeza de praia máis, non sirve para nada. Pero serve moito máis dos centos de quilos de lixo plástico que se extraen dos areais. Serve, para facer que un cento de persoas tomen verdadeira conciencia do que significa coidar a túa contorna. Serve, para salvar o mundo.

Unhas 70 persoas (entre elas uns 20 nen@s) participaron o pasado sábado na limpeza do areal de Camelle, e outras 55 achegáronse ata a Arou para facer o propio durante a xornada dominical. A meirande parte, veciños de Camelle, que agradecen a implicación o seu veciño Xosé Manuel Barros, o armadanzas destas iniciativas a través da Asociación Mar de Fábula. “Un día histórico para Camelle pola alta participación de veciños e un día cargado de emoción”, recoñecía o propio Barros. “O futuro do planeta, o futuro da vida na terra está nas nosas mans, na xente de a pé, non nos grandes xerarcas que celebran Cumios para frear o Cambio Climático e despois ninguén cumple.”

Limpeza da praia de Camelle con Mar de Fabula
Xosé Manuel Barros, á dereita, agradecendo o compromiso dos veciñ@s de Camelle

Todas esas persoas, con idades comprendidas entre os 5 e os 80 anos, animáronse a poñer unha man en común para loitar contra a invasión de da inmensa infamia do lixo plástico que chegou estes días procedentes dalgún dos 40.000 barcos que pasan anualmente polo Corredor.

Boa parte eran todos pequenos, menos de 5 cm, que son, sen dúbida, os máis perigosos para o medio mariño porque están perto da fase de microplásticos.

“Hoxe, en Camelle, temos escrito unha páxina cunha forte mensaxe de solidariedade, de traballo en común, de defensa do que é de todos, un exemplo a seguir en todas as vilas de Galicia. O Cambio Climático só o frearemos nós, os habitantes das vilas, das cidades, do planeta. Até agora, eu estaba contento de vivir en Camelle. Hoxe, eu estou orgulloso de vivir en Camelle”, conta fachendoso Barros.

Outra anécdota foron as famosas “lentillas”

Milleiros de tapons de plastico no areal de Camelle

Un dos elementos máis complicados que chegaron estes días ás costas camariñáns foron unns pequenos tapóns de plástico de apenas 5 cm. O sábado recolleron 6.800 na praia de Camelle e o domingo 650 na praia de Arou. En total 7.450 tapóns de doble capa “porta-lentillas.” Centos de miles delas poden estar flotando diante das nosas costas porque un container, aínda que sexa dos pequenos, de 20 pés, dá para moito.

Tamén recolleron 190 bastonciños de algodón, 70 filtros de depuradora, centos de tapóns de botellas, moreas de cordas, moitos anacos de porexpan, unha estacha grande, un carretillo enferruxado que se mantiña de pé de milagre e unha chea de refugallo plástico misceláneo.

O mar de Camariñas está hoxe un pouco máis limpo. As conciencias, un pouco máis comprometidas.

Camelle un pobo orgulloso e comprometido
Camelle un pobo orgulloso e comprometido

Artigos de Xosé Manuel Barros

Novas relacionadas

Outras novas

Comentarios