Convocada unha nova limpeza no Museo-Xardín de Man

11:21 25/03/21
Volve Mar de Fábula, en colaboración da Asociación de Veciños de Camelle, á acción na bisbarra coa mellora da situación sanitaria, cunha limpeza no Museo-Xardín de Man de Camelle.
A primeira limpeza do ano será este domingo 28 de marzo ás 12:00h, co obxectivo de “seguir mantendo viva a dignidade da súa memoria na longa espera da reconstrucción da súa obra”.
Formaranse 2 grupos de 6 persoas mantendo as debidas distancias e medidas de protección individuais. Os participantes deberán levar máscara e luvas de traballo.
Novas relacionadas
-
A veciñanza de Camelle mantén limpo o legado do Man. - Marzo 19: A veciñanza de Camelle salva o seu mar.