A Croa dá outro exemplo de prevención contra os incendios coas súas patrullas de vixilancia
29 de xullo de 2026 (09:05 h.)
Novo exemplo de como traballar a prevención de incendios a nivel veciñal o que nos volven dar as xentes da Agrupación Forestal A Croa de Camariñas. As patrullas contra incendios, formadas por veciños propietarios non perden de vista o monte, e xa percorren día a día, por quendas, os seus montes.