luns. 23.06.2025
El tiempo

Medio Rural recoñece a labor da asociación A Croa de Camariñas a prol do monte galego

Medio Rural recoñece a labor da asociación A Croa de Camariñas a prol do monte galego

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, coñeceu a pasada semana algúns dos proxectos impulsados pola Asociación de propietarios forestais A Croa de Camariñas. José Luis
Chan valorou de xeito positivo as iniciativas levadas a cabo por este colectivo que teñen como obxectivo dinamizar e poñer en valor os montes da zona.

Posteriormente, Chan participou nun percorrido guiado no que puido coñecer as localizacións nas que se prevé desenvolver actuacións estratéxicas vencelladas coa xestión conxunta do monte, a mellora ambiental e a prevención de incendios forestais.

Neste sentido, visitou tamén as actuacións levadas a cabo pola Consellería do Medio Rural sobre o mantemento das infraestruturas de prevención de incendios dentro dos terreos propiedade desta asociación.

Comentarios